O 25 de Novembro de 2015 con motivo do día internacional contra a violencia de xénero promovín unha acción colectiva con máis de 200 alumnos de secundaria de Cangas sobre a fachada do concello da vila. EMPATIZA foi o nome desta acción que se enmarcou dentro dunha serie de 10 intervencións artísticas no espazo público que de forma simultánea se desenvolveron -por 11 artistas- en dez cidades da provincia de Pontevedra.»Mulleres en acción: violencia zero» foi o nome deste proxecto promovido pola Deputación de Pontevedra e coordinado por Paula Cabaleiro.
As imaxes que tomei durante a acción EMPATIZA quedou recollida nun caderno do que se imprimiron so 15 exemplares dos cales 10, ademáis de ser expostos ao público, pasaron tras a mostra a formar parte da biblioteca municipal de cada concello polos que itinerou a exposición.
EMPATIZA, 2015 // 29,7 x 21 x 08 cm // 58 páginas // Impresión dixital // Ed. de 15 ex.
…
Cando fun convidada a formar parte deste proxecto dende o principio tiven moi claro que a miña proposta estaría dirixida aos máis novos porque, cando se trata de violencia de xénero non é sufiente con combatila, é necesario prevenila. Mellorar como sociedade pasa por EMPATIZAR co “outro”, é dicir, identificarnos mental e afectivamente coa emoción das persoas que nos rodean porque se non somos capaces de facer un exercicio de empatía, de poñernos no lugar do outro… será moi difícil achegarnos ao problema e comezar a combatilo. De feito, a toma de conciencia e a empatía lévannos directamente á acción. Por iso é importante comezar pola base das nosas sociedades; polos seus nenos e nenas. Ainda que existen factores xenéticos que poden influir na capacidade de cada individuo para empatizar, ésta ven condicionada -sobre todo- por cuestións educativas. Por isto, é preciso impulsar a empatía dende a familia e as aulas como método de prevención contra a violencia de xénero e xenerar programas que teñan como base a cooperación e o desenvolvemento emocional dos nenos e nenas e a súa óptima comprensión.
Polo tanto, ¿que é o que representa EMPATIZA? Pois como a palabra indica todos os nenos e nenas que participaron fixeron un grande acto de EMPATÍA, unha reflexión colectiva en torno a este concepto e fixérono a través da cooperación e da súa propia linguaxe artística: debuxo ou escritura. En definitiva, unha obra colectiva efímera de arte urban con tizas, un gran mural no que depositaron as súas mensaxes para demostrar que sí se pode educar dende a igualdade e demostrar a todo un pobo que o cambio é posible, que eles e elas son o motor da transformación para ser mellores en sociedade. Elaborar unha obra de arte urban nun lugar tan simbólico como é a parede do concello foi unha boa forma de visibilizar e concienciar ao maior número posible de persoas e aproveitar unha ocasión única de poder expresarnos nun lugar coma este. Con esta acción busquei que eles e elas volcaran nesas paredes todos os seus desexos ou os seus medos, que xogaran… que encheran todo este gran lenzo coas súas esperanzas nunha sociedade mellor.
Nesta acción participaron alumnos e alumnas de secundaria de: Casa da Virxe, Eduardo Pondal, Montecarrasco, María Soliña e Rodeira, ademáis dun grupo de alumnos do Xoan XXIII.