Somos Violeta e Rosa… en poucos días faremos unha reflexión do que foi para nós esta residencia; a nosa primeira aventura xuntas facendo arte. Un experimento que tan so tenta encontrar os lugares comúns entre creación artística e maternidade para que ningunha destas facetas fagocite á outra.
O fundamento do proxecto Dogma natura [violeta e rosa] ou como ensinar land art a unha nena non so se vertebra nos procesos de creación vinculados á creación artística realizados dentro do contexto do Pazo Tor. Ademáis, pon o acento en cuestións que teñen que ver co sostemento da vida, os coidados e a conciliación para tentar reconciliar e visibilizar estas problemáticas moi presentes para moitas creadoras no discurso actual da arte e, concretamente, neste tipo de convocatorias pouco afeitas a elas. Fago unha aposta, a de participar coa miña filla Violeta de 9 anos nesta residencia artística facéndome cargo do seu coidado e desenvolvendo, ao mesmo tempo, un proxecto centrado na temática proposta en torno ao land art.
Coidar, ensinar, aprender… partindo destas premisas, ensinarlle arte a una nena tamén é coidar, non so dela, senón tamén de min (nai-artista). Ensinar convértese neste proxecto no motivo da creación; facer, comprender e compartir para xenerar espazos de reflexión como principal motivación para a creación artística.
Ao longo dos dez días de residencia, nai e filla desenvolvemos unha serie de accións, esculturas, fotografías e outros contidos en torno a arte feito no territorio ou land art. Máis de dez propostas que se recollen nesta páxina web e que se poden rastrexar a través dun percorrido no propio espazo expositivo mediante códigos QR que nos levarán a cada unha das pezas realizadas. Un camiño que deu comezo aquí, pero que continuará.
Violeta saltando e Rosa, grabando.

(De esquerda a dereita) Rosa e Violeta no Pazo de Tor, Lugo. Xuño, 2023.
(De inquierda a derecha) Rosa y Violeta en el Pazo de Tor, Lugo. Junio, 2023.