28x40x5 foi unha exposición colectiva comisariada por Rosa Neutro e Rubén de Torres que nace a partir dunha proposta cuxa principal premisa é intervir ou integrar –nunha caixa de madeira das mesmas dimensións que dan título á mostra–, as diferentes visións de 23 creadores e creadoras de Galicia que proveñen de disciplinas e traxectorias artísticas moi diversas.
Esta exposición dá continuidade a unha mostra que en 2015 ambos comisarios realizaron na desaparecida sala de exposicións Piso dos (Pontevedra), que naquel momento partía dunha caixa de similares características –e coa metade de artistas–, que facían unha particular interpretación deste obxecto contedor levándoo cara aos seus propios intereses artísticos. Algo que tamén fan nesta ocasión os creadores e creadoras que reciben a invitación para participar en tan particular mostra profundando nos diferentes significados e usos ligados á caixa como obxecto que resgarda e protexe secretos e tesouros, e que neste caso devén en obra de arte.
Das caixas poderiamos dicir moitas cualidades e usos ligados á vida cotiá, aos recordos e a actividades totalmente funcionáis da nosa vida, pero é importante resaltar neste caso a propia natureza da caixa que podemos ver reproducida vintetrés veces nesta mostra; a elexida é unha caixa concebida para conter e vender ostras, mercada no Porto de Vigo e que cada quen outorga unha dimensión que vai máis alá da súa función principal. Nalgúns casos segue sendo contendor de novos obxectos, fermosos e fráxiles, ou de imaxes que fican delimitadas polos seus bordes coma aqueles arquivos familares que envellecían en pequeñas caixas de madeira no pasado. Noutras obras o discurso escapa aos límites da caixa, explosionando nas márxes de esas rústicas tabliñas de piñeiro para expandirse pola súa contorna. Outros autores decidirán pechala para encerrar nela unha luz que proxecte pequenos universos de 28x40x5 cm que tentarán imitar ao cinema ou a un pequeno teatro de títeres. Vintetrés formas de entender unha caixa nun exercicio no que os únicos límites son as inquedanzas e os gustos de quenes participan.

Catálogo da mostra 28x40x5 / 117×150 mm / 66 páxinas
Texto: Xavier Queipo
Deseño gráfico: Rosa Neutro
Artistas e obras:
ABI CASTILLO
Corazón, 2024
ALBERTO PENA
Caída, 2024
ANA COSTAS
A fuxida de Ginebra, 2024
ANDREA COSTAS LAGO
Manter a memoria, 2024
ANXO CABADA
Sendas de névoa, 2024
CÈ TOMÉ
Sen título, 2024
CHUS VÁZQUEZ
Desintegración parcial del Ser, 2024
EDUARDO TORRES
Mensaje desvanecido, 2024
ELENA GÓMEZ DAHLGREN
Medianera
IRIA VÁZQUEZ
Panorámica dun voo encuberto II, 2024
LUCÍA ROMANÍ
Origen, 2024
MAR CALDAS
Marina Caldas Vázquez, 2024
MARK RITCHIE
El Jardín, 2024
MARÍA X FERNÁNDEZ
Home, 2024
PABLO OTERO
Unha aproximación ao Monte Castelo, 2024
PAULA F. BAÑUELOS
Cardume, 2024
PEPE CÁCCAMO
Arquipélago de Galiza, 2024
ROBERTO DE LA TORRE
El espíritu del Grano, 2024
ROSA GARCÍA
Distopía, 2024
SARA PRIEGO
Caja de fotos de la infancia, 2024
THIBAUD DUPUY
La ducha (Serie Voyeur), 2024
TONI VIDAL
La elección, 2024
XOSEL DÍEZ
Ceo ovellado, chan mollado, 2024